A aldea da comarca que máis brilla polo nadal está en Figueiroa de Cameixa, en Boborás. Descúbrea aquí.
Figueiroa é unha das aldeas da parroquia de San Martiño de Cameixa no concello de Boborás, Figueiroa de Cameixa é un raio de luz do noso rural na comarca do Carballiño, que se supera cada ano polo tempo do nadal e que sorprende, e cada ano que pasa máis, aos centos de visitantes que se dan unha volta polo lugar, un exemplo do que aínda pode ser o noso rural cando ten veciños e veciñas comprometidos co seu pobo.
Son poucos, pero suficientes, porque a traballo e ilusión seguramente ninguén lle gaña. José Luis "o Rubio de Cameixa" e a súa parella Edith, tamén veciños que chegaron fai unhos anos de fora e fixeron deste lugarciño o seu escenario de vida, como Jaime e Maria Dolores "Loli", ou outros como Mario e Silda, que aínda con veciñanza noutras localidades son oriundos do pobo, ou Manoliño Cuñarro, e o resto da veciñanza, que en maior ou menor medida, colaboran nesta "Ruta dos Beléns" para que Figueiroa de Cameixa sexa unha aldea con tanta luz nestes tempos de sombras para o noso rural.
Aquí tes tan so unha pequena reportaxe fotográfica deste máxico lugar de Figueiroa de Cameixa neste tempo do nadal, aínda que o mellor é que te acheges e te sorprendas polos teus ollos.
No audio adxunto podes escoitar a entrevista a José Luis Sotelo "O Rubio de Cameixa", alma mater desta iniciativa veciñal.