Alejandro González en Maside, única novidade do Partido Popular, que repite candidatos nos demáis concellos nas municipais de 2015

4, Outubro 2014

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación dos candidatos do Partido Popular para os comicios municipais do mes de maio de 2015.

Os actuais alcaldes de Beariz -Manuel Prado-, Boborás -Cipriano Caamaño-, O Carballiño -Argimiro Marnotes-, San Cristovo de Cea -José Luis Valladares-, Punxín -Manuel Vázquez-, O Irixo -Manuel Penedo-, e San Amaro -Ernesto Pérez- optarán a reelección nos seus respectivos concellos.

Tamén repite como candidato dos populares en Piñor, Luis González, que xa foi cabeza de cartel neste municipio en 2011.

A cara nova dos populares nestas vindeiras eleccións municipais é a de Alejandro González como candidato á alcaldia de Maside, tralo falecemento durante o actúal mandato municipal do que fora cabeza de lista do PP no concello de Maside en 2011, Casimiro Campo.