Alerta laranxa este domingo por chuvias intensas e ventos fortes: suspendido o Arenteiro-Barakaldo. O concello pecha o parque e instalacións deportivas.

25, Xaneiro 2025

A Alerta Laranxa, nivel de risco meteorolóxico importante, no que a AEMET incluíu a toda a comarca do Carballiño para xornada deste domingo 26 de xaneiro, levou ao concello do Carballiño a decretar o peche das instalacións deportivas municipais, polo que se suspenden todas as actividades previstas, entre elas o partido de fútbol da Primeira Federación entre Arenteiro e Barakaldo, que estaba previsto para as 12 do mediodia no Estadio Municipal de Espiñedo.

A Real Federación Española de Fútlbol xa fixo oficial a suspensión deste encontro, que queda agora pendiente de nova data para a súa celebración.

O concello do Carballiño indica que adopta estas medidas "para preservar a seguridade tanto de deportistas como dos espectadores" nestes recintos ao aire libre, como tamén acontece co parque municipal do Carballiño e parques infantís, e recomendando á poboacion máxima precaución para calquera actividade ao aire libre.

A Alerta Laranxa para a comarca do Carballiño, vai desde as 6 ás 23 horas deste domingo 26 de xaneiro, debido a adversas condicións meteorolóxicas previstas por chuvias intensas, prevese 100 L m2 de precipitacións en 12 horas, e ventos con refachos de ata 80 km hora a partir das 12 do mediodia.