Alta participación no cribado masivo de Maside, acudiron o 70,3% das persoas que estaban citadas
O cribado selectivo que se levou a cabo na xornada deste xoves 18 de Marzo en Maside conseguíu a participación máis alta entre todos os cribados realizados nos ultimos meses na comarca, acudiron a esta cita no polideportivo de Maside 633 persoas do total de 900 que foron chamadas polo Sergas, o que representa unha particpación do 70,3%.
As persoas participantes recibirán os resultados das PCR serán notificados nos próximos dias mediante SMS no caso dos negativos, e comunicados dende o Sergas no caso dos positivos.