Alternativa Veciñal - En Marea pon de manifesto a necesidade de mellorar a capacidade organizativa dos medios de extinción de incendios forestais nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño
Alternativa Veciñal-En Marea ven de presentar unha moción que trasladará ao pleno da corporación muncipal do Carballiño na que propón que se inste á Xunta distintas medidas para mellorar os servizos de prevención e extinción de incendios forestais, e en base a seguinte exposición de motivos:
Galicia representa menos do 6% da superficie de España, pero na nosa comunidade prodúcense o 70% do total de incendios e arde un 56% da superficie total queimada en España. Sen ir máis lonxe na provincia de Ourense arderon o ano pasado cerca de 22.600 hectáreas das que o 80% de elas foron arrasadas naqueles fatídicos días do mes de outubro.
Os incendios forestais, que ano tras anos asolan o noso país, teñen custes inaceptables, vidas, vivendas, patrimonio forestal, biodiversidade, un conxunto de degradación e destrución do noso medio que precisan de accións eficaces e persistentes que eviten hipotecar o noso futuro e a nosa identidade.
A expansión do eucalipto e especies alóctonas para o seu uso na industria papeleira entre outros, a falta dunha política de prevención, a falta de ordenación do territorio ou a precarización dos dispositivos de loita contra os incendios son algunhas das claves para entender a situación que se viviu e se vive en Galicia e se acentúa .
Evidéncianse a necesidade de mellorar a capacidade organizativa incapaz de atender situacións de crise como as vividas o pasado ano e que parece que se volverá repetir este verán. Por elo e motivados polo incendio acaecido fai uns días na Xesteira (O Carballiño) e a mobilización e actuación dos servizos de emerxencia, vemos serias carencias de recursos e de persoal nas brigadas forestais que prestan servizos no distrito XI que atende as comarcas do Arenteiro e o Ribeiro e engloba os concellos de O Carballiño, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo (Demarcación de O Carballiño I); Beariz, Boborás e O Irixo (demarcación do Carballiño II); e Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia (demarcación de O Ribeiro). Debemos matizar que a área do distrito XI está declarada as Zonas de Alto Risco de incendios forestais (ZAR) e varios concellos están incluídos nas Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI).
Estas brigadas contan a día de hoxe cunha plantilla conformada por 35 operari@s (son 5 brigadas e cada unha delas está composta por 7 operari@s) , 6 conductor@s motobomba, 3 vixiant@s fix@s e 3 emisoristas para dar cobertura a unhas 78.300 hectáreas de montes públicos e privados.
As carencias e limitacións nestas brigadas veñen marcadas por:
• Imposibilidade de prestar un servizo continuado de 24 horas (os turnos rematan as 04:00 horas da madrugada e inícianse as 08:00 horas), cubrir Baixas e períodos vacacionais debido a escaseza de plantilla;
• Cese de traballadores con contrato trimestral e fixos-descontinuos nos últimos tempos que afectou a esta brigada diminuíndo en 13 operarios os seus efectivos
• Mal acceso aso montes debido a inexistencia de pistas forestais e ao mal estado das poucas que existen;
A estas limitacións hai que engadir as propias deficiencias que se veñen dando ano tras ano nos plans de actuación contra o lume, das leis pouco axeitadas existentes e que as políticas forestais propostas pola Xunta de Galicia seguen sen adecuarse e sen dar uns plans de acción preventivos efectivos:
• Pouca información e escaseza de charlas promovidas pola consellería de Medio Rural sobre aproveitamento dos montes ( como fomentar a gandeira de ganado ovino, implantación de frondosas caducifoleas, e outras especies arbóreas autóctonas que serven de freo ao lume,...) e limpeza dos mesmos por parte de vecin@s e asociación veciñais;
• Pouca implicación dos concellos en ditas políticas, neste caso dende o concello do Carballiño;
• Escaseza de tratamentos preventivos : limpeza, adecuación e disposición de medios;
• Falta de ordenación forestal;
• A existencia de leis como a de Fomento de Iniciativas Empresariais, apodada “Lei de Depredación de Galicia”, aprobada polo parlamento galego no ano pasado, que fomenta a liberalización do solo, pondo o territorio ao servizo de calquera proxecto mineiro-extractivista ou de calquera outra índole de interese as administración;
• A pouca adecuación tanto da lexislación como dos programas da Xunta de ordenación forestal aos concellos e as comarcas, neste caso a do Carballiño-Ribeiro.
Todo esto sen ter en conta os costes económicos que supoñen estes lumes, e que tanto para os concellos como a propia Xunta lles serían menores si se fixesen efectivos plans de prevención e non so se limitase a poñer parches neste aspecto. Cumpre subliñar que dende A Comisión Europea se destina a Galicia 39,5 millóns de euros para a adaptación ao cambio climático e prevención de riscos, incluída a xestión dos incendios forestais, durante o período 2014-2020 a través dos fondos FEDER. Supoñen, aproximadamente, o 4,5% da cifra total dos arredor de 900 millóns destas achegas comunitarias que xestiona a CC.AA. Agora, esta comisión debería estudiar se a Xunta fai unha aplicación axeitada ou non destes fondos e saber certamente o destino totalitario dos mesmos.
Tendo en conta esta breve exposición de motivos, Alternativa Veciñal-En Marea somete á aprobación do Pleno a adopción dos seguintes acordos
1. Que a brigada que da cobertura no distrito XI sexa dotada con persoal e medios suficientes para poder dar un servizo de urxencia e vixilancia-intervención de 24 horas; Poñer en funcionamento e licitar os servizos de apoio aéreo que deixaron de ser prestados fai máis dun ano dende a base aérea de prevención e defensa contra incendios forestais de Beariz;
2. Se melloren os accesos e as pistas forestais existentes e se creen máis para ter un bo acceso as motobombas e os vehículos de intervención.
3. Melloras patentes e efectivas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA);
4. Aumentar significativamente e promover as charlas informativas nas parroquias do Carballiño e por extensión nas das dúas comarcas Carballiño-Ribeiro sobre aproveitamento forestal, plans de prevención, lei de montes, herbicidas e toxicidade, limpeza e conservación, utilización e aproveitamento dos recursos naturais, etc.…