"Alternativa Veciñal" pide que se anule a compra da casa da Ferretería Soto "e buscar consenso e financiación"
O candidato á alcadia do Carballiño, Bernardo García, avanzou que a primeira iniciativa que "Alternativa Veciñal" presentará na futuro corporación será unha moción na que se solicitará "anular o acordo da adquisición da casa da Ferretería Soto, mentres non se cumplan determinadas condicións".
"Unha inversión de 1,7 millóns de euros, so por un edificio en ruinas e terreo colindante, no contexto económico actuál, resulta cara e non debe facerse se unha valoración pericial de dita propiedade, tampouco de momento ninguén puxo sobre a mesa un destino inmediato para algunha finalidade pública do edificio e menos o orzamento para a súa rehabilitación, falta consenso para desenvolver o mellor proxecto posible, subliñou o cantidato de "Alternativa Veciñal".
Bernardo García manifesta que "ninguén dubida da singularidade do edificio, pero non é o momento da súa compra pola aprobación repentina no pleno antes dunhas eleccións municipais, o que lle confire un carácter electoralista, algo rexeitable en democracia".
"Alternativa Veciñal" pedirá a anulación do acordo de compra e "a apertura dun proceso de consenso e financiación para unha posible inclusión da citada propiedade no patrimonio muncipal".