Alternativa Veciñal presentará unha querela contra os responsables municipais se non se cumpre a ordenanza de terrazas
Esta formación política da un prazo dunha semana para que se cumpla a normativa e o concello comunique aos hosteleiros a obrigatoriedade de proceder á retirada de tarimas, mesas, sillas ou outros elementos análogos da via pública.
Dende Alternativa Veciñal-En Marea, Manuel Nogueira recordou que "durante o mes de Xaneiro deben desmontarse totalmente as terrazas, para facilitar as tarefas de conservación e visionalizar que a rúas son espazos de dominio público".
"Non temos nada contra os hosteleiros, pero sí contra este goberno municipal que fai a vista gorda, miarando a outro lado, ben por desidia ou facer política a conta dunha ordenanza municipal, creando ao noso entender unha rede de favores e favoritismo", manifestou Manuel Nogueira.
Decididos a facer a normativa reguladora, Alternativa Veciñal-En Marea anuncia que "de non ser asi presentará unha querela contra o alcalde do Carballiño, concelleiro responsable e Policia Local, porque entendemos que se está actuando de mala fé coa única idea de crear unha cadea de clientelismo".