Alvite e Pazos de Arenteiro elixidos como os pobos máis bonitos da Comarca do Carballiño tras unha emocionante votación, ambos acaparan o 90% dos votos válidos
Alvite, no concello de Beariz, e Pazos de Arenteiro en Boborás, son os pobos máis bonitos da Comarca do Carballiño, ambos foron os máis apoiados na fase preliminar na que a votación foi aberta e podía votarse a calquera das máis de 500 aldeas repartidas pola xeografía comarcal, e volveron selo tamén na votación final, á que tamén chegaron Cabanelas e Banga como os outros dous finalistas.
Alvite (45% de voto válido) e Pazos de Arenteiro (45% de voto válido) arrasaron nesta segunda votación, acaparando ambos a mesma porcentaxe de voto, o 90% do total.
As dúas aldeas mobilizaron aos seus seguidores e provocaron unha votación másiva que con pequenas oscilacións foi moi igualada dende que se abríu a votación o pasado mércores ata que se pechou na medianoite deste pasado domingo.
Banga e Cabanelas conseguiron o 10% dos votos restantes. Rexistráronse algo máis de 9.000 votos válidos.
A proposta de COPE O Carballiño tivo unha gran repercusión popular, cumplindose o obxetivo de dar a coñecer e promocionar o gran patrimonio rural da nosa comarca. Na galería fotográfica pode observarse a beleza que atesouran tanto Alvite como Pazos de Arenteiro.
COPE O Carballiño organizará unha festa tanto en Alvite como en Pazos de Arenteiro, deste recoñecemento como os pobos maís bonitos da Comarca do Carballiño, en datas entre a primavera e o verán de 2020 que se acordarán coa veciñanza e anunciarémos debidamente.
Intentos de alterar a votación
Durante os días nos que permaneceu a votación aberta nesta páxina web houbo numerosos intentos en manipular a mesma.
O sistema de votación utilizado mediante voto telemático básase en deixar unha cooke no navegador para detectar se a persoa votou ou non, pero reiteradamente utilizando unha rede de bots de ordenadores conseguiron votar, en algunhos casos masivamente, e asi tratar de alterar os resultados. Foron anulados todos eles tras as correspondentes comprobacións feitas polo administrador da Web.