Alvite mellora o seu centro social, cunha achega económica de 31.000 euros aportados pola Xunta
A Xunta de Galicia e concello de Beariz colaboraron nas obras de mellora levadas a cabo no centro social da asociación de veciños de Alvite, un pobo singular e que fai apenas unhos anos quedou deshabitado, e constitúe hoxe en dia todo un exemplo de recuperación e rehabilitación.
A través dunha axuda do Plan específico de acción comunitaria, destinadas a asociacións, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais, o Goberno galego colaborou con esta entidade veciñal do núcleo de Alvite no acondicionamento exterior do local social, así como na dotación de equipamento informático e audiovisual cunha achega de máis de 31.000 euros nas convocatorias de 2020 e 2021.
As obras incluíron a colocación de lousas de pedra no acceso a algunhas estancias, a plantación de árbores tipo camelia no xardín, así como a colocación de valado na parte traseira e a habilitación dun espazo para realizar proxeccións de cine ao exterior en verán. Tamén se realizou a acometida da instalación eléctrica e das redes de abastecemento e de saneamento.
Ademais, a colaboración da Xunta permitiu dotar ao centro social de mobiliario e equipamento audiovisual cun novo proxector de imaxe, unha pantalla para o proxector, equipo de son, ordenador portátil, impresora láser e cadeiras abatibles.
N