Ampliación do actúal ou construcción dun novo centro de saúde ? O PP pide a concello e Xunta que axilicen o proxecto e volve propoñer a estación de autobuses como posible ubicación
O grupo popular no concello do Carballiño fai referencia ao "Programa de Melloras de Centros de Saúde" que está desenvolvendo a Xunta e manifesta que "por poboación e antiguidade do noso centro de saúde, debemos estar vixiantes de que O Carballiño non se quede fora deste plan".
Recordan os populares como a principios deste ano o Parlamento Galego aprobou unha iniciativa do grupo socialista para "avaliar a situación das infraestructuras do Centro de Saúde do Carballiño para acometer reformas con cargo ás partidas consignadas nos orzamentos autonómicos", e posteriormente como o presidente da Xunta "comprometeuse nunha reunión co alcalde do Carballiño para avaliar a forma de mellorar as actúais instalacións, considerando como opcións a contrucción dun novo edificio ou acometer obras no actúal".
O Partido Popular mostra a súa preocupación porque a día de hoxe a corporación municipal do Carballiño descoñece cal vai ser a opción elixida e considera que "este concello debería instar á Xunta para que se tome a decisión maís oportuna e que se execute canto antes, e que en ningún caso O Carballiño quede fora do Programa de melloras dos Centros de Saúde" para este ano 2021.
Pregúntase qué pasaría se por parte da Xunta se descarte a ampliación do actúal centro de saúde por motivos técnicos ou sanitarios e polo tanto habería que plantexarse a construcción dun novo edificio. Neste caso, o Partido Popular quere que o concello avance nas posibles alternativas, buscando terreos para poñer a disposición da administracción autonómica, aínda que chegado este suposto, os populares carballiñeses xa teñen a súa propia alternativa, pasaría por propoñer á Xunta a construcción do novo centro de saúde na actúal estación de autobuses, unha vez que se anunciou o seu traslado á estación de ferrocarril. Esta proposta, a maiores, incluiría a solicitude á Xunta de cesión do actúal centro de saúde ao concello.