A ANPA esixe un compromiso sobre o transporte escolar e o concello asegura "que o problema está solucionado"
O colectivo de nais e pais do colexio da Uceira volve manifestarse para esixir un compromiso por escrito que garanta a continuidade do servizo para o vindeiro curso.
A convocatoria reividicativa da ANPA desenvolvese este mércores en forma de concentración na Praza Maior do Carballiño, ante a casa do concello, queren que a Consellería de Educación garanta que se manteña o servizo do transporte escolar ao colexio da Uceira desde as paradas do casco urbano do Carballiño, tal como xa demandaron na manifestación do pasado mes de setembro.
Desde o concello aclarase que "desde a Consellería de Educación xa se lle confirmou a continuidade do tranporte escolar a dito centro, esta confirmación xa foi transmitida á Anpa, asi como aos pais que individualmente solicitaron información no propio concello".