Ante o empeoramento do tempo: San Amaro suspende o desfile do sábado de piñata e O Carballiño mantén o programa da Festa da Cachucha para o domingo.

O alcalde de San Amaro anunciou hoxe e no transcurso dunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño a suspensión das actividades do entroido de San Amaro previstas para este sábado dia 8 na localidade.
Fernando Redondo lamentou esta decisión ao non poder garantir a organización dun desfile no que estaban inscritas un total de 16 comparsas debido ao empeoramento do tempo previsto para o sábado, cunhas condicións meteorolóxicas adversas, con previsión de chuvias xeralizadas e mesmo probabilidade de neve nas zonas máis altas da comarca.
Mentres, o concello do Carballiño mantén a celebración de todas as actividades programadas para este próximo domingo dia 9 con motivo da XXX edición da Festa da Cachucha.
O concelleiro de turismo, Manolo Dacal, avanzou en COPE O Carballiño que en principio vaise manter o programa previsto, incluidos os dous desfiles de carrozas, folións, comparsas e charangas, con 30 agrupacións inscritas. Tan so no caso de condicións meteorolóxias que asi o aconsellasen, suspederíanse estas actividades.
Onde non haberá problema, independientemente do tempo que faga, para o xantar nos comedores da hostalaría carballiñesa, que rexistrarán un cheo total, aínda con alguhas prazas dispoñibles -xa poucas- e coa previsión de completar un aforo que -igual que o ano pasado- agárdase tamén este domingo superar as dúas mil persoas degustando o menú da festa, a base dun cocido de cachucha.