A antiga botica de Doade e a monacal de Oseira entran a formar parte do Itinerario Cultural Europeo "Aromas Salutis". Escoita aquí a entrevista a Tomás Sancho.
O Itinerario Europeo das Farmacias Históricas e hortas mediciñais é un percorrido único que une lugares emblemáticos como boticas monásticas, boticas históricas e hortas botánicas e mediciñais, Itinerario Cultural que ven de conseguir a certificación do Consello de Europa.
A botica do mosteiro de Santa María A real de Oseira, no concello de Cea, e a antiga botica de Doade, no concello de Beariz, pasan a formar parte deste Itinerario Cultural Europeo.
No PODCAST de COPE O Carballiño, podes escoitar a entrevista a Tomás Sancho, concelleiro de Beariz, que explica a importancia para a comarca deste novo proxecto que pon en valor o patrimonio natural e cultural que promove o diálogo intercultural, a identidade, e o desenvolvemento humano sostible que representa "Aromas Itinerarium Salutis".