Antonio Montero retén a alcaldía de Avión para o Partido Popular, con 5 concelleiros. Entran na corporación Novos Aires con 3 e VOX 1 completan unha corporación da que se cae o PSOE
Antonio Montero obtivo finalmente o 48,98% dos votos e conserva a maioria absoluta na corporación de Avión, con 5 concelleiros.
Novos Aires por Avión, a candidatura liderada por Dario Boullosa faise co 28,83% dos votos, que son 269, que lle aportan 3 concelleiros na corporación do concello para o próximo mandato.
VOX consigue en Avión a única acta do noso ámbito, co 18,86% dos votos, que foron 176, polo que Lilian Cerdeira Mosquera entra na corporación, da que se queda fora o PSOE, que con apenas o 3% dos votos perde o concelleiro que mantiña este mandato.