A Apalpadora chega este sábado a O Carballiño por iniciativa de OZOCO GZ, nunha festa con música, panxoliñas e larpeiradas.

Dende os montes do Courel chega a O Carballiño A Apalpadora, a filla do famoso APALPADOR, e chega por iniciativa da tenda galega OZOCO GZ, na rúa Curros Enríquez do Carballiño.
Será este sábado dia 3 de xaneiro a partir das cinco da tarde, e cunha invitación que se fai extensiva a toda a veciñanza do Carballiño e Comarca, nenos e maiores, que queiran descubrir esta historia que ten que ver coa tradición do nadal na nosa terra.
E para darlle a benvida á APALPADORA animarán a tarde as pandereiteiras OZOCORETEIRAS, as pandereiteiras que participan durante o ano na escola de pandereiteiras que dirixe o músico carballiñés Isidro Vidal, no mesmo OZOCO GZ, neste tempo de cantar os reis.
Desde OZOCO GZ agasallarán a toda a concurrencia con chocolate, doces e outras larpeiradas, para completar esta tarde de sábado e tradición galega no Carballiño.