Aparece en bo estado de saúde a muller desaparecida dende a tarde do domingo en Avión
A muller que era buscada dende a noite deste pasado domingo despois de que a súa familia denunciase a súa desaparición, foi localizada esta tarde en bo estado de saúde.
Foi encontrada nun camiño local na súa parroquial natal de Albarellos, no concello de Boborás.
Os Servizos de Emerxencia buscaban dende primeira hora desta mañá de lúns a esta muller, de 85 anos de idade, veciña de San Xusto, desaparecida dende que foi vista por última vez na xornada deste pasado domingo na localidade de Beresmo, no municipio de Avión. O operativo puxérase en marcha na noite deste pasado domingo, e fora suspendido ás catro da madrugada debido ás condicións meteorolóxicas desfavorables.
Final feliz a un operativo de búsqueda no que participaron efectivos da Garda Civil con cans especialistas, GES de Avión, Protección Civil de Beariz e Castrelo de Miño, persoal do concello de Avión e veciños da localidade.