Aparecen movidas varias lápidas no cemiterio parroquial de Punxín
Ninguén na parroquia de Santa María de Punxín se explica cal pode ser o motivo de tan estraño suceso, tras comprobarse como nos últimos dias varias lápidas do cemiterio apareceron movidas e fora do seu sitio.
A maioria das lápidas correspondianse a panteóns valeiros "aínda que polo menos nun caso tamén apareceu fora do seu sitio a dun nicho que sí está ocupado con restos humanos", manifestou en COPE O Carballiño o Párroco Emilio Outomuro, que ademáis mostrou a súa perplexidade polo que veu sucedendo no transcurso dos últimos dias.
"Había comentarios que poidera ser que estivesen buscando algún tema de droga, pero é moi estraño porque non se ían arriscar a ser descubertos, porque según comentan os veciños tiveron que ir varias noites, tamén se decía que esto tivese que ver con algún ritual satánico, todo esto é moi desagradable para as familias que teñen alí enterrados a seres queridos e se atoparon con esta sorpresa ", comentou o responsable da parroquia.
Propietarios dos panteóns danados presentaron denuncia dos feitos ante a Garda Civil, que está investigando o suceso.