Aprazadas para o xoves 18 as asembleas de Club Deportivo Arenteiro
Dende o club apuntan "motivos de forza maior" tras anunciar que as dúas asembleas de socios convocadas para este venres dia 12 quedan aprazadas para unha nova data, que será a do xoves dia 18 de Xuño.
Mantéñense os horarios de ambas convocatorias no Estadio de Espiñedo, tanto a asemblea ordinaria ás oito da tarde para presentar aos socios a memoria económica da pasada tempada, asi como a asemblea extraordinaria na que se dará conta da demisión do presidente e do resto da directiva en bloque, asi como "elección, se procede dunha nova directiva", según figura na convocatoria, que tamén comunica que "pódense presentar candidaturas ata as 21 horas do dia 17 de Xuño".