Aproveitan a feira para recoller sinaturas en demanda da apertura da Residencia todo o ano

15, Xuño 2013

Os socialistas carbaliñeses instalaron unha mesa na rúa do Paseo, na que conseguiron numerosos apoios en forma de sinaturas en demanda da apertura da Residencia de Tempo libre durante os 12 meses do ano.

Según os datos aportados polo grupo municipal socialista, son xa máis de 2.000 as sinaturas recollidas en apenas unha semana dende que se puxo en marcha esta iniciativa, coa que colaboran varios colectivos e asociacións carballiñesas.

O obxetivo é "evitar que no futuro se repita a lamentable situación deste anos, no que por desidia da Xunta e do Concello do Carballiño, esta residencia só vai permanecer aberta durante catro meses, co conseguinte perxuízo para os 27 traballadores do centro e tamén para todo o comercio e hostelería do pobo", remancan dende o Partido Socialista.