Apuñalan a un home en Avión e intentan roubar na sucursal de Caixanova en San Amaro
Axentes da Garda Civil do Carballiño prenderon ás catro da madrugada de onte domingo a Juan José V.V., de 30 anos de idade, natural de Avión aínda que na actualidade con domicilio en Barcelona, como presunto autor dun delito de lesións ó apuñalar nunha perna a Julio D.P., de 37 anos, veciño de Avión, despois de manter unha discusión no interior dun bar na localidade de Avión. A víctima da agresión foi trasladado o CHOU, con pronostico reservado, según a información facilitada pola Subdelegación do Goberno. O agresor pasará hoxe a disposición xudicial.
Doutra parte, e na madrugada da noiteboa, arredor das catro e media , autores descoñecidos accederon ó interior da sucursal de Caixanova na localidade de San Amaro, tras fracturar os barrotes dunha ventá. Xa no interior da sucursal, forzaron o sistema de apertura da caixa forte, que non conseguiron abrir. A Policia Xudicial practicou unha inpección ocular das instalacións, e procederá o visionado da cámara do sistema de seguridade.