Aquí podes ver os dous golazos do Arenteiro para doblegar á Gimnástica Segoviana e conseguir o terceiro triunfo consecutivo da tempada na Primeira Federación

29, Setembro 2024

O primeiro horario "sobremesa" da tempada, o das 15:30 h, deuselle ben aos verdes e venceron con autoridade á Segoviana, que aguantou 45 minutos o empate inicial pero que quedou cedendo ante un Arenteiro superior.

Sorprendeu de entrada o equipo segoviano, que coa súa presión sen deixar espacios dificultaba o xogo do Arenteiro, ata que a piques de chegar ao descanso unha gran xogada en ataque David Ferreiro deixou na área unha delicatessen a Baselga que, case sen ángulo, resolveu cun toque exquisito subindo o 1-0 ao marcador de Espiñedo.

Na segunda parte, o Arenteiro foi moi superior, a pesar de que a sentencia non chegou ata o minuto 76 cando desde 30 mentros Enol aproveitou un libre directo para enviar un misil increíble, e tan increíble como imposible para o gardameta da Segoviana.

Despóis, o Arenteiro pudo ampliar a vantaxe, e mesmo pudo facer marcar a Segoviana nun balón que petou no longueiro da portería de Diego García.

Con éste, o Arenteiro suma 9 puntos de 9 posibles consecutivos, e da un salto ata a parte alta da clasificación.

Video resumen do partido cos dous golazos do Arenteiro

https://www.youtube.com/watch?v=4wCbgUUXggk

Cronica en "La Región":

https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-tiene-techo/202...

Cronica en "La Voz de Galicia"

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/09/30/arenteiro-aduen...