Arde por completo unha casa en Anllo, sen causar vítimas. Os bombeiros evitaron que o lume se propagase ás vivendas colindantes.
O incendio declarouse esta pasada noite, sobre as 21 horas, no lugar de Pazos, na parroquia de Anllo, no concello de San Amaro. Non houbo que lamentar vítimas, xa que no interior do inomoble non se encontraba ningunha persoa. Os seus propietarios, que a utlizaban como segunda vivenda, residen en Vigo, e precisamente na xornada de onte estiveron na casa ata que a última hora regresaron a Vigo, onde xa se encontraban cando foron informados do sinistro, que destruíu por completo a casa que estiveran restaurando recentemente. Descoñéce a causa que orixinou o incendio.
Unha veciña da localidade deu aviso ao 112, que mobilizou aos bombeiros do Carballliño e á Garda Civil. A interveción dos bombeiros evitou que o lume se propagase ás vivendas colindantes, algunhas delas habitadas, o que provocou momentos de moita tensión entre a veciñanza. Finalmente os bombeiros contralaron o lume xa pasada a medianoite.