Arden 750 pacas de herba seca, un tractor e apeiros de labranza nun incendio na parroquia de Oseira
Voluntarios de Protección Civil e GRUMIR do Carballiño traballaron na extinción e control do incendio declarado nun palleiro da localidade de Silvaboa, na parroquia de Oseira, onde residen dúas familias.
Un dos veciños advertíu o lume, tras escoitar un forte ruído cando se derrubou o tellado do palleiro, e deu aviso á Central de Emerxencias, á unha e media da madrugada. Os Servizos de Emerxencias do Carballiño desplazaron ata o lugar dous camións contra incendios, nun operativo ao que despois se sumaron outros dous camións de bombeiros procedentes de Ourense e Ribadavia, que xunto a efectivos da Garda Civil, lograron controlar o lume sobre as 9 da mañá, evitando que se propagase ás vivendas habitadas.
Antes, os veciños lograron salvar do lume as vacas e animais de outras despendencias anexas. O lume consumíu unhas 750 pacas de herba seca e destruíu un tractor e outros apeiros de labranza, todo apunta a que o incendio pudo provocalo un cortocircuíto.