Arenteiro-Alondras xogan en Espiñedo unha nova ronda da Copa Federación

5, Agosto 2018

Tras a boa imaxe dos verdes no Trofeo da Festa do Pulpo ante o Pontevedra CF, ao que plantaron cara e lograron un empate a cero, o Arenteiro ten este domingo novo compromiso en Espiñedo ante o Alondras CF, na eliminatoria de cuartos de final da Copa Federación que se xoga a partido único.

O Arenteiro chega a esta segunda ronda autonómica da COPA RFEF tras eliminar no Couto ao Ourense CF, agora o rival será o equipo do Morrazo, un partido ao que o Arenteiro chega coa idea de seguir avanzando no torneo copeiro.