Arenteiro e Arousa ofrecen unha trepidante noite de fútbol en Espiñedo, nun partido no que os verdes mereceron máis que un empate
No fútbol os goles deciden, e por eso houbo empate final no marcador, porque se por ocasións malogradas fose, o Arenteiro gañaría este partido por goleada e non pequena, ata en catro ocasións o balón foi os postes da portería arousana, e ata por dúas ocasións víu como se lle anulaban dous goles por fora de xogo,nun partido no que o árbitro estivo desacertado e perxudicou gravemente aos verdes.
O Arousa entrou mellor no partido, pero co paso dos minutos o Arenteiro comezou a facer o seu xogo habitual e levar perigo ata a área arousana, non obstante foi o Arousa o que conseguíu adiantarse no marcador a punto de rematar o primeiro tempo no único disparo entre os tres paus da portería local, eso sí nunha xogada na que o árbitro non víu unha falta sobre Pol Bueso no centro do campo, o defensor local quedou tendido no chan e o Arousa fixo o seu gol.
Na segunda parte o Arenteiro saíu a por todas, someteu a un Arousa que se via claramente superado, súas foron as ocasións para voltear o marcador, pero volveu encontrarse coa súa penitencia doutros partidos, a definición ante a portería rival. Tivo que ser de penalti, cometido sobre Uxío, como Renán Zaneli conseguíu salvar un punto.
ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Daniel Portela (Germán Novoa 69’), Pol Bueso, Joseca Márquez (Álvaro Naveira 78’); Raúl Blanco (Adrián Cruz 53’), Renan Zanelli, Álex Fernández, Pibe; Alassane Sylla E Uxío da Pena.
AROUSA: Manu Táboas; Javi Fontán, Alberto Campillo, Javi Piay, Sergio Cotilla; Pedro García, Diego Diz; Luís Nuño, Pablo Porrúa (Jorge Fajardo 80’), Julio Rey E Luismi Rincón (Pedro Beda 90’). Goles: 0-1 Luismi Rincón 43’, 1-1 Renan Zanelli 72’.
Árbitro: Gonzalo Sáiz Pérez (Comité Cántabro). Asistentes: Alejandro Agote Garrido y Juan José López López. Desafortunada arbitraxe, cometeu un erro de bulto na xogada do gol do Arousa, precedida dunha falta de libro sobre Pol Bueso. Ademáis, non tivo ningún criterio coas tarxetas, expulsou a Naveira e nin xiquera ensinou amarela a un defensor do Arousa sobre unha brutal entrada sobre Pibe.
Amonestaciones: TA: Javi Fontán 67’ y Alassane Sylla 77’. TR: Álvaro Naveira 86’.