Arenteiro e Rápido de Bouzas reparten os puntos... e tan amigos.

9, Febreiro 2020

Os verdes volveron desperdiciar a oportunidade de encadear dúas victorias seguidas, algo que aínda non conseguiron nas 23 xornadas que van de campeonato, e tiveron que conformarse con outro empate (1-1) ante o Rápido de Bouzas sobre o maltreito terreo de xogo de Espiñedo.

E eso que o partido poñíase de cara para o Arenteiro cando no minuto 24 Fajardo transformaba un penalti cometido sobre Iago Fernández. Pouco duraba a ledicia porque apenas unos minutos despois o Rapido empataba por medio de Adrián Mouriño ao lanzar unha falta, enviando un balón á escadra imposible para Rui.

E nada máis nunha aburrida primeira parte na que a maiores o único reseñable foi un balón tamén en lanzamento dunha falta que repeleu o poste da portería de Rui, e a nota negativa no Arenteiro a lesión de Toño, que tivo que abandoar o terreo de xogo.

Tras o paso por vestiarios, o partido tivo algo máis de emoción pola incerteza no marcador máis que por xogo, cun Arenteiro con moitas dificultades no medio do campo e incapaz de finalizar as aproximacións que facía sobre a área do Rápido, aínda que clara so tivo unha ocasión nas botas de Joni, que desperdiciou. Mentres, os vigueses tiñan un par de ocasións que a piques estiveron de causar un disgusto.

En Xuño de 2017 toda a afección verde era do Rápido de Bouzas, esta tarde xa non, aínda que o final reparto de puntos e tan amigos...

Para ver a ficha do partido segue a seguinte ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...