Arenteiro-UD Ourense, este domingo en Espiñedo, un partido no que se agarda un gran ambiente para apoiar aos verdes
Partido decisivo este domingo en Espiñedo, xa que unha victoria dos verdes ante a UD Ourense pode achegar ao Arenteiro a lograr o obxetivo da permanencia na terceira división.
Declarado día de axuda ao club, os socios pagarán 5 euros e o público en xeral 10 euros.
Para evitar as sempre molestas colas nas taquillas de Espiñedo antes do partido, que se inicia ás 17:30 horas deste domingo 5 de Maio, o club instalará un stand este sábado na Praza Maior para promover a venda anticipada.