A Asamblea Local da Cruz Vermella organiza un curso de primeiros auxilios e retoma as actividades prepandemia
A Asamblea Comarcal da Cruz Vermella no Carballiño retoma as súas actividades prepandemia e, ademáis, organiza un curso de primeiros auxilios, asi o anunciou no trascurso dunha entrevista en COPE O Carballiño a coordenadora local desta ONG, Viki Rodríguez.
Este novo curso de primeiros auxilios comezará este próximo sábado dia 23 de Outubro, e desenvolveráse nos sábados sucesivos ata o dia 20 de Novembro, cun total de 40 horas lectivas, e será baremable para o Sergas. As persoas interesadas poden demandar unha información máis detallada no teléfono 988 273 042, ou persoalmente na Asemblea da Cruz Vermella no Carballiño, na rúa Rosalía de Castro-soportais da Praza Maior.
Ademáis, a Cruz Vermella ofrece outras actividades, entre as que están a xinmasia de mantemento, pilates, informática ou clases de reforzo escolar.
Para escoitar a entrevista íntegra á coordenadora carballiñesa da Cruz Vermella podes facélo no arquivo de audio que encontrarás en "Programas", no arquivo correspondente a este lúns dia 18 de Outubro.