A Asamblea local do PSOE da o seu apoio, cun único voto en contra, a Fumega e o seu acordo de goberno co Partido Popular.
A Asamblea Local do PSOE no Carballiño deu, cun único voto en contra e unha abstención, o seu apoio en relación ao acordo que suscribiron esta semana os grupos municipais do PSOE e Partido Popular por gobernar xuntos O Carballiño.
A última hora da tarde deste pasado xoves, unha trintena de afiliados acudiron a esta asemblea celebrada na sede que ten o PSOE da comarca do Carballiño, na rúa Perfectino Viétiez.
O alcalde do Carballiño e Secretario Xeral da Agrupación Socialista do Carballiño, Francisco Fumega, obtiña un amplo respaldo a súa decisión desta alianza co PP, coa que se mostrou en desacordo o órgano de dirección do PSdeG, e o seu Secretario Xeral, Besteiro.