A asociación Alarma Terra de Montes denuncia "irregularidades por parte dos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo na exposición pública de parques eólicos"
A asociación "Alarma Terra de Montes" ven de presentar mais de 100 alegacións no concello de Beariz ao proxecto Conexión Beariz 400Kv., no procedemento que está aberto para os proxectos de construcción do parque eólico denominado "Paraño Oeste".
Dende este colectivo, que desde fai dous anos ven mobilizandose contra a proliferación de novos parques eólicos nesta zona, acusan de silencio administrativo ao concello bearicense, e ante as instancias presentadas por vía eléctrónica.
Ademais, aseguran que o proxecto, cuxo periodo de alegacións rematou este pasado 21 de xuño, non estaba exposto no taboleiro municipal e tampouco na sede electrónica no concello de Beariz, o que consideran é unha grave irreguralidade na tramitación adminstrativa do proxecto.
Denuncian que a mesma situación deuse tamén no Concello de Boborás, xa que "nin no taboleiro municipal nin na sede electrónica estaba a exposición do proxecto", subliñan.
Dende esta asociación que agrupa a numerosos activistas, sinalan que foi admitida a trámite unha denuncia presentada ante o xulgado do Carballiño por unha veciña do concello do Irixo contra o alcalde da localidade e a secretaria do concello, e por presuntas ilegalidades no procedemento administrativo de dous parques proxectados no concello do Irixo.
Desde a asociación consideran "necesario e urxente que os concellos expoñan a información ao público tal e como obriga a lei". Engaden que " o futuro da nosa terra é o que está en xogo".