A Asociación ASDIFICA oferta servizos de fisioterapia, rehabilitación e psicoloxía ás persoas con discapacidade física e orgánica do Carballiño e comarca. Concello e Deputación apoian as súas actividades.
A Deputación povincial de Ourense xunto o Concello do Carballiño subvencionaron o Proxecto ”ATENCION AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, REHABILITACION E PSICOLOXIA” neste ano 2022.
Dende Asdifica “Asociacion de Persoas con Discapacidade Fisica e Orgánica do Carballiño e Comarca” dentro das partidas de Subvencións , de Proxectos de Prestación de Servizos Sociais 2022 por unha contía de 3.150,00€ da Deputacion Provincial de Ourense e 3.000,00€ por Subvención Directa do Concello do Carballiño, realizou o proxecto Atención as persoas con discapacidade, rehabilitación e psicoloxia. Este programa consta de varias actividades:
Atención o público e usuarios/as. Faino a técnica da Asociación. A súa función e levar a coordinación de fisioterapia, rehabilitación e psicoloxía. Tamén atención o usuario/a, obradoiros, lecer, cursos e seguimentos para os /as Traballadores/as Sociais tanto da Comarca como de Cogami.
Fisioterapia e Rehabilitación. Que se segue levando a ca bo no Centro de fisioterapia. Luis M. Lopez Alonso, para conseguir unha mellora de rango de mobilidade, diminución da dor e sobrecarga, e traballar o fortalecemento muscular do que se benericiaron 18 usuarios/as.
Psicoloxía. No Centro Larchavella, CAP, para o tema de depresión, Apoio individual e/ou familiar para adaptación en casos recentes de discapacidade e /ou incapacidade, como tamen evitar conductas Suicidas.