A Asociación Fotográfica O Potiños realizou 500 retratos na Praza Maior do Carballiño coa súa iniciativa “Pon unha foto na rúa”
Obxectivo cumprido. A Asociación Fotográfica O Potiños realizou onte nada menos que 500 retratos na Praza Maior a veciños, veciñas e visitantes coa súa iniciativa “Pon unha foto na rúa”, na que colabora o Concello do Carballiño.
Contaxiouse así a paixón por este arte e encheuse o corazón da vila de cor cunha proposta que espera gran interese. As imaxes serán expostas na Rúa Principal e, posteriormente, entregaranse aos protagonistas. Levaranse así un bonito recordo desta xornada que xa é unha tradición na vila.