A asociación Pepa Loba e o concelleiro de medio ambiente presentaron a feira ecolóxica "Bioterra 2009"
As actividades terán lugar os vindeiros dias 14 e 15 deste mes de novembro, na pista roxa e no salón de actos da casa do Concello do Carballiño. "Bioterra 2009" nace coa idea de combinar a ecoloxía, o consumo responsable, e o comercio xusto e local. Intalaránse arredor de 20 postos de productores locais e ecolóxicos, e asociacións vencelladas ó comercio xusto e local. No acto de presentación, Rebeca Carreiro, da asociación cultural Pepa Loba, salientou que o principal obxetivo desta ferira "é revalorizar e dar a coñecer ós productores e cooperativas de producción ecolóxica, asi como reivindicar o comercio xusto local como unha forma de vida sostible có medio ambiente".
Ademaís, e como actividades complementarias á feira, celebraráse unha charla de iniciación á micoloxia "O reino dos fungos: identificación e conservación", ás doce da mañá do sábado 14 no salón de actos da casa do Concello, asi como obradoiros de cociña micolóxica e outro de cestería con mateirais de refugallo. Coa organización de "Bioterra 2009" colabora o Concello do Carballiño a través da concellería de medio ambiente, o seu titular, Bernardo García comprometeu o apoio do seu departamento con esta inciativa, e aplaudíu o traballo desenvolvido pola asociación Pepa Loba, un colectivo aínda de recente constitución no Carballiño e que aposta pola cultura da sostibilidade na relación da sociedade co seu entorno.