Asociacións xuvenís convocan unha concentración pola defensa do transporte público

1, Novembro 2019

A asociacións xuvenís Xuca e Asesgal organizan para este domingo as 19:30 Unha quedada na estación de tren do Carballiño.

Os convocantes refírense aos retrasos, averías, trens equivocados, trens sen espazo,que son motivos máis que suficentes para esixir dunha vez por todas que se leven a cabo as mellores correspondentes para garantir un trasporte público de calidade.

Manifestan que "a situación debe mellorar, xa que se O Carballiño perde as conexións ás principais cidades galegas, estánnos marxinando,unha marxinación que estamos xa sufrindo a xuventude do Carballiño e Comarca, e moi particularmente os estudantes que temos grandes dificultades para desplazarnos en transporte público".

Dende Espazo Común avanzan o seu apoio incondicional con esta protesta anunciando que participarán "activamente na convocatoria dos colectivos xuvenís Xuca e Asesgal, extensiva a toda a veciñanza do Carballiño, para participar nunha concentración de protesta este domingo ás 19:30 na Estación de tren, alí deixaremos claro que imos defender o noso ata o final e non imos consentir máis fallas de respecto".

Animan a tódolos carballiñeses e carballiñesas, a tódolos colectivos e ás xentes da comarca a unirse "a esta mostra do descontento que temos co trato que recibimos das administracións que pretenden facernos de menos".