Atopan morta na súa vivenda a unha veciña do Carballiño
A familia de L.G.G. alertou á Policia Local do Carballiño, manifestando que desde facia polo menos dous dias non sabían nada dela. Os Axentes trasladaronse entón atá o seu domicilio onde, efectivamente, ninguén respondeu ás súas chamadas.
Tamén poideron corroborar por parte dos veciños e nos lugares que frecuentaba a diario, como o Centro Sociocomunitario, que levaban varios dias sen vela. Tras solicitar a colaboración do GRUMIR, os Axentes entraron no domicilio, na Rúa da Saleta nº 21, atopandose coa muller -de 78 anos de idade- morta, aparentemente por causas naturais, ainda que será a autopsia a que determine as causas concretas da morte, asi como o tempo transcurrido desde o seu falecemento.