As atraccións de feira terán unha nova ubicación nas festas do Setembro de 2014
O alcalde do Carballiño decide asumir a demanda da veciñanza da Avda. do Balneario e cara as festas do Setembro do ano que ven as atraccións estrearán nova ubicación.
Asi o confirmou Marnotes nesta emisora de radio tras reunirse cos empresarios das actraccións de feira que acudiron este ano ao San Cibrao carballiñés. O alcalde recordou como "cando se comezaron as obras de construcción do parking díxeranlle aos veciños que ía ser unha solución provisional mentres duraran as obras, xa o ano pasado me trasladaran a súa inquietude, e xa antes das festas adquirimos o compromiso que o deste ano sería o último, a verdade é que son enormes os perxuizos que se causan, e temos que buscar unha solución".
Son dúas as opcións que se barallan, unha -parece que a máis probable- ubicar as atraccións todas xuntas na Avenida do Arenteiro, ao lado do parque municipal, ou ben repartir as atraccións por varias zonas do centro urbano, "a ubicación final decidirémola antes de decembro, despois de escoitar a outros sectores, como os hosteleiros", subliñou Marnotes.