A Audiencia Provincial estima o recurso dos ecoloxistas no que pedían que se investigase os sucesos na canceira municipal
O auto ditado pola Audiencia Provincial (AP) de Ourense di que se vai dirixir ao Xulgado de Instrucción de O Carballiño para que practique as probas solicitadas polos ecoloxistas tras atopar nunha fosa máis de 70 cans mortos no recinto municipal da canceira e cuia morte, ata o de agora, descoñécese. O Xulgado carballiñés decretara o sobreseimento provisional e o arquivo das actuacións referidas ao presunto delito de maltrato animal denunciado en marzo de 2009 por varias asociacións. Contra a resolución do xulgado as asociacións denunciantes formularon o correspondente escrito conforme alegaban a inconformidade do disposto baseándose na falta da práctica de probas propostas e non executadas o que podía ser causa de indefensión, é dicir, tomabase unha decisión xudicial sen ter en conta probas como a declaración da Concelleira de Medio Ambiente de Carballiño, tal e como se solicitara. E neste punto a Audiencia Provincial estima parcialmente os recursos interpostos polas asociacións ecoloxistas contra o auto do xulgado de instrucción e declara nulo o mesmo ata que o xulgado non se pronuncie sobre as cuestións plantexadas en relación coas “dilixencias de proba admitidas e non practicadas”. Para a Asociación Amigos da Terra con esta resposta xudicial "retornan ao Carballiño as investigacións sobre a morte dos animais aparecidos na canceira municipal manténdose a confianza de que se xulgue por maltrato animal a aqueles responsables de tutelar aos cans".