A aula CEMIT do concello do Carballiño ofrece servizos gratuítos a toda a veciñanza
A au la CEMIT do Concello do Carballiño, ubicada no segundo andar da casa consistorial, está renovando neste días os seus equipos grazas ao convenio asinado coa Xunta de Galicia e co se mantén este centro aberto dende o ano 2011.
A renovación consitiu na substitución das antigas unidades CPU, para instalar unhas que ofrecen maiores prestacións. En total instalárnose 15 destas unidades, que nesta mesma semana xa estarán a disposición dos usuarios desta aula municipal.
Na actualidade a aula CEMIT do Carballiño ofrece varias actividades formativas, repartidas durante todo o ano, nesta semana remata a última das convocadas, un curso de iniciación á informática que contou cunha ampla demanda por parte dos veciños e veciñas do Carballiño.
Pero ademais dos cursos a aula CEMIT está aberta para que tódolos veciños e veciñas do Carballiño poidan usar estes ordenadores, todos eles conectados á rede polo que se lles brinda a posibilidade de realizar todo tipo de consultas a través de internet, dun xeito seguro e rápido.
Deste xeito son moitos os cidadáns que acuden a esta aula para consultar as demandas de emprego das administracións ou as empresas privadas, e tamén os que aproveitan esta tecnoloxía para contactar cos seus familiares que están fóra de Galicia.
O horario de apertura desta aula CEMIT é de luns a venres de 8:00 a 13:30, estando este horario condicionado á celebración de cursos e actividades.