Avión celebra as festas patronais e homenaxea á emigración coa festa mexicana. Escoita aquí toda a programación e outras propostas para non perderte neste concello.
A capitalidade municipal do concello de Avión vive desde o sábado 5 ao lúns 7 as súas festas patronais dedicadas aos santos Xusto e Pastor, e a San Roque, cun variado e atractivo programa de actividades festivas, que inclúe pasarrúas e concertos das bandas de música A Lira de Ribadavia e Municipal de Celanova, charangas, boas orquestras nas verbenas e tamén música tradicional cun concerto dos Coribantes de Pontecaldelas.
Tamén actividades de animación infantil e, por suposto, o maior espectáculo de pirotecnia que pode verse nas comarcas do Ribeiro-O Carballiño, programado para a unha da madrugada do domingo ao lúns.
De todo elo falamos neste programa co alcalde de Avión Antonio Montero Fernández, co que ademáis repasamos a actualidade municipal neste concello de Avión.
E para o próximo venres dia 11 de agosto quedará aínda a celebración da Festa Mexicana de Avión, un evento festivo e gastrómico que foi indo a máis cada ano e que para esta edición de 2023 chega con varias novidades, e de todas elas e toda a súa programación conversamos coa coordenadora da organización, Isabel Gabían.
Escoita aquí o programa especial dos vernes de verán dedicado en COPE O Carballiño ao concello de Avión.