Avión celebra a súa VI Festa Mexicana en "A Mañá de Cope"
"A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de Avión para disfrutar en vivo da celebración da súa VI Festa Mexicana na cal tivemos ocasión de falar co seu alcalde, Antonio Montero e Isabel Gabián, organizadora do festexo para coñecer da súa man a historia deste pobo. Isabel Gabián achegouse ós micrófonos do programa para explicarnos en que consiste a citada celebración. A Festa Mexicana iniciouse no ano 1995 como homenaxe a todos os emigrantes no pais azteca e debido o seu gran éxito xa vai pola súa VI edición. O programa para este ano comezará as 20:30 horas con actividades para os máis cativos como xogos de piñatas, hinchables e touros mecánicos. A partir das 21.00 horas, tódolos asistentes poderán degustar da "tardeada mexicana" acompañado das típicas bebidas mexicanas, da cal Isabel nos aconsellaba os "tacos ó pastor" feitos á forma tradicional no trompo. Os restaurantes encargados de colaborar son O Rincón Azteca de O Carballiño, Chilam-Balam de Vigo e O Mesón Mejicano de Tourón. Para rematar a xornada festiva, a verbena estará amenizada polos grupos de mariachis Garibaldi e Zones Mexico. Isabel tamén tivo ocasión de falar da Fundación Avión que desenvolve actividades durante todo o ano, pero que durante os meses de verán programa actividades especiais como o piragüismo, a piscina de auga salada e a Festa Mexicana entre outras. Amparo García tamén falou para nós. Trátase dunha emigrante mexicana e veciña do concello de Avión durante os meses de verán que axuda na decoración e organización da Festa Mexicana.
O concello de Avión delimita coa Serra do Suído e a do Faro e nos seus vales nacen multitude de ríos que desembocan no seu principal río, o Avia, de aí que o topónimo de Avión teña a súa orixe neste río. Dos importantes recursos naturales cos que conta o concello falou en "A Mañá de Cope" o seu alcalde, Antonio Montero. A pesca e a caza son as dúas principais actividades que se desenvolven debido a importancia dos ríos e os montes que rodean o concello nos seus catro costados. Os anos 2004, 2005 e 2006 non foron os mellores para as terras de Avión, xa que os incendios arrasaron gran parte da zona forestal. Desta maneira, o concello de Avión foi pioneiro no nacemento de "Mancomunidades de comunidades de montes veciñais en man común" que agrupa a distintas comunidades de montes cun obxecto común como é a limpeza dos montes, a reforestación e o tratamento da madeira. Ademais, durante os últimos meses o concello de Avión está pendente de multitude de proxectos "que estaban en mente e se lle comeza a dar o visto bo". Un deles é a axuda de case un millón de euros para un proxecto de saneamento integral e de depuración nas augas de Avión. Ademais, a Praza da Igrexa sufrirá unha reforma integral para aproveitar ese patrimonio cultural co que conta. E por último, estanse priorizando os servizos socias que presta o Centro Integral de Servizos Sociais Albetus do concello de Avión onde se van incluir vinte prazas máis para os grandes dependentes que conten cun deterioro físico importante.
Como non podía ser doutra maneira "A Mañá de Cope" estivo amenizada de novo coa música en vivo do cantante de música mexicana, Pepe Benavente.