Avión vive a semana grande coa celebración das festas patronais e a "18 Festa Mexicana". Aquí encontrarás toda a programación e o repaso á actividade municipal neste concello.
Despóis do carrusel festivo deste verán no que as distintas parroquias do municipio foron vestindo o traxe de festa, chega agora a traca final, primeiro coas festas patronais na capitalidade municipal e logo o venres dia 9 coa celebración da Festa Mexicana de Avión.
Sábado 3, domingo 4 e lúns 5 –festivo de carácter local neste concello- Avión celebra as festas dedicadas aos Santos Xusto e Pastor e a San Roque, e faino con misas solemnes e procesións, pasarrúas coas charangas “Europa”, “Charandonga” e “Vai de Baile”, concertos das bandas de música de Guláns e Celanova, verbenas coas orquestras América, Olympus, La Ola ADN e Assia, e as disco móviles Impacto e Mega CDC.
“Os Coribantes” ofrecerán un concertó de música tradicional o sábado 3 ás 20:00 h, e o domingo (00.01 horas da madrugada do lúns) será o gran espectáculo de fogos artificiais, único pola súa magnitude no ámbito das comarcas do Ribeiro–O Carballiñó.
Xa para o venres dia 9 de agosto celebraráse a 18 Festa Mexicana do concello de Avión, con 5 restaurantes que ofrecerán a súa gastronomía tradicional mexicana na Praza da Igrexa de Avión, unha festa que estará amenizada con dúas agrupacións de mariachis.
Toda a información deste acontecemento festivo podes escoitala en voz de Isabel Gabián, mentres que neste mesmo programa ESPECIAL DOS VENRES DE VERÁN DE COPE O CARBALLIÑO, o alcalde Antonio Montero fai un repaso pola actualidade municipal neste concello de Avión.
Escóitao aquí: