A Axencia Galega de Infraestructuras mellorará a calzada e construirá unha senda peonil na estrada que comunica a Almuzara coa estación de Renfe, cun investimento de 209.000 euros

23, Xullo 2019

A Axencia Galega de Infraestruturas asinará co concello de Boborás un convenio para a renovación completa do pavimento da OU-214 e a construción dunha senda peonil paralela que redundará na calidade de vida dos veciños, xa sexan peóns ou condutores por importe de 209.000 euros. Este convenio terá que ser aprobado polo pleno na vindeira sesión do venres 26 de xullo, según avanzou nesta emisora de radio a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.

A aportación será asumida pola a AXI, e repartirase en dúas anualidades sendo 50.000 euros para 2019 e 159.000 euros para o 2020, sendo o Concello o encargado de levar a cabo ditas obras.

A estrada OU-214 , titularidade da Xunta de Galicia, comeza na estrada N-541, na Almuzara, e remata na estación de FFCC de Boborás. Ten unha lonxitude de 900 m e unha anchura de 5,5 m na maior parte do trazado e unha IMD duns 350 vehículos/día. O pavimento do viario atópase moi deteriorado polas rodeiras deixadas polos vehículos que semellan fochancas continuas lonxitudinais.

A senda garante un espazo seguro para o tránsito de peóns nun vial con presenza de vivendas nas súas marxes. As marxes contan con cuneta en terra e pequenos noiros que permitirían a construción dunha senda peonil paralela previa realización de traballos de limpeza de gabias, desbroce de maleza e construción de muretes. Nalgún treito tamén será necesaria a canalización de pluviais.

A titularidade da OU-214 na súa totalidade pasará a ser do Concello de Boborás, que velará pola conservación e mantemento da estrada e da senda peonil.

CONSTRUCCIÓN DUN MURO EN LIÑARIÑOS

A través doutro convenio, éste con AGADER, o concello de Boborás fianciará a construcción dun muro no pobo de Liñariños, na parroquia de Laxas. A alcaldesa Patrica Torres manifestou que esta obra responde a unha vella demanda da veciñanza de Liñariños.