A Axenda 21 Local inicia as súas actividades en O Carballiño cunha festa de presentación o 30 de xullo

28, Xullo 2010

O vindeiro venres 30 de xullo terá lugar na Praza Maior do Carballiño a primeira das actividades de difusión da sustentabilidade deseñadas no proceso de implantación da Axenda 21 Local.  A Axenda 21 Local é un programa da Xunta na que participan varios concellos, entre eles o do Carballiño, que desarrolla un plan de acción municipal basado na integración, con criterios sostibles, das políticas ambientais, económicas e sociais do concello, e que surxe da participación e toma de decisións consensuadas entre os representantes políticos, persoal técnico municipal, axentes implicados e cidadáns. A actividade programada para este venres trátase dun evento lúdico-divulgativo co que se pretenden presentar os traballos de implantación da Axenda que se van a levar a cabo no concello, así como o equipo que vai traballar neles, para favorecer a participación dos cidadáns en tódalas fases do proceso.

O programa para este veneres é o seguinte: a partir das 18:00 horas terán lugar diferentes actividades como unha exposición guiada na rúa baixo o nome de "Sostibilidade ó cubo", varias proxeccións multimedia e música no escenario móbil, xogos e regalos para os máis cativos e unha mostra de grafitis na rúa. A partir das 21:30 actuarán os diferentes grupos locais dentro do concurso "Banda Sonora da Axenda 21" entre os que atopamos a "Stylo", " In the rain", "Demetrius", "Jorge Cervantes" e "Singultus". Durante as actuacións dos diferentes grupos locais realizaranse sorteos entre aqueles veciños que teñan completado todo o percorrido da exposición.