Baixan a 20 os positivos por coranavirus nos centros educativos do Carballliño e comarca, e queda unha única aula pechada
Os centros educativos da comarca completan a semana previa ás vacacións entroido con 20 casos positivos, deles 9 no IES Chamoso Lamas do Carballiño.
O resto de centros que continúan notificando contaxios de coronavirus son: IES nº 1 (4) CPR Vila do Arenteiro (3) CEIP Calvo Sotelo (1) CEIP O Irixo (1). Finalmente, con 5 casos figura nesta relación o CIP Terras de Maside, que ademáis mantén unha aula pechada.