A Banda de Fornelos de Montes, a mellor entre as mellores. A de Boborás, segunda clasificada no 3º Grao.
A Banda de Gaitas de Fornelos de Montes ( Pontevedra ) foi a gañadora da fase final da liga galega de bandas de gaitas celebrada este domingo na Praza da Veracruz, celebrada ante numeroso público.
No terceiro grao logrou un meritorio segundo posto a banda de gaitas do concello de Boborás, única banda das comarcas do do Ribeiro- O Carballiño participante nesta liga 2014-2015, unha competición na que partiicparon un total de 19 agrupacións.
Clasificación:
3º Grado: 1-Tremiñado
2-Boborás
3-Agarimo de Catabois B
2º Grado: 1-Concello de Vilariño de Conso
2-Escola de gaitas Provincial Pontevedra-Sede Pontevedra
3-Escola Municipal de Gaitas e Percusión Xinzo de Lima 2
1ª Grado: 1-Ledicia Fornelos de Montes
2-Nova Fronteira de Cartelle
3-Xuntanza de Cataluña