Bankia pecha a súa sucursal no Carballiño

10, Xuño 2013

O negocio da oficina carballiñesa será traspasado á sucursal que o banco manterá operativa na cidade de Ourense.

A oficina de Bankia no Carballiño, sita na rúa Curros Enríquez, pechará as suas portas antes do próximo mes de agosto. Aos traballadores, que son catro, a entidade ofrécelles a alternativa de baixas incentivadas e prexubilacións, fundamentalmente.

O banco nacionalizado pechará un total de 34 oficinas en Galicia, o que representa o 65% da actúal rede galega. As previsións apuntan a que tan só permanecerán abertas 15 oficinas en todo o territorio galego. Bankia pretendia traspasar estas oficinas a outros bancos, pero non tivo ofertas.