Barsa-Madrid á mesma hora? e qué importa, no Carballiño non hai nada máis clásico que estar en Espiñedo animando ao Arenteiro...e se chove que chova.
Seica xogábase o "clásico" do fútbol español, ese Barsa-Madrid do que se ten dito que pouco menos paraliza España, e desde logo á futbolística, todos os equipos escapan desa coincidencia horaria porque según din os estadios estarían baleiros, todos non, hai unha excepción.
Este sábado cunha diferencia horaria de apenas un cuarto de hora que o Barsa-Madrid (16:15 h.) , o Arenteiro recibía en Espiñedo (16:00 h.) ao Unionistas de Salamanca, desde media hora antes de comezar o partido a grada de Espiñedo xa colgara o cartel de "completa". Pouco importaba que estivese a caer o diluvio universal, nin o excepcional horario de sobremesa, e tampouco o "clásico".
Desta vez a coincidencia horaria foi por imperativo televisivo, pero fai seis tempadas atrás co Arenteiro en terceira división tamén coincidira un Arenteiro-Céltiga cun Barsa-Madrid, e daquéla por convicción, porque era o horario habitual dos partidos como local do Arenteiro aquela tempada. E a grada tamén estivera chea. Fora o único partido que se xogara en toda Galicia á mesma hora do "clásico", o que chamara a atención de numerosos medios de ámbito galego e estatal.
Porque no Carballiño, se falamos de fútbol e paixón, que pode haber máis clásico que ir a Espiñedo unha tarde de choiva, vento e frio animando ao Arenteiro. Merece a pena sempre, se perdes ou empatas, e mesmo cando gañas 4-0. Ou non ?