Beariz, a causa do brote na Residencia de Maiores da localidade, convértese no concello da comarca con máis positivos en coronavirus. No resto dos municipios a situación manténse estable.
O brote de Covid-19 declarado na Residencia de Maiores de Beariz convérte a este concello no de máis número de contaxios activos na comarca, superando a O Carballiño que se mantén con 18 casos. Nos datos de hoxe domingo o concello de Beariz rexistra 20 persoas con infección activa, son dúas máis que onte, pero o brote que afecta a residencia de maiores da localidade é aínda maior, toda vez que varias traballadoras do xeriátrico están adscritas a outros centros de saúde e polo tanto non entran dentro das 20 persoas que Sanidade notifica como atribuídas ao centro de saúde bearicense.
Nos demáis concellos non se rexistran variacións, polo que se manteñen os mesmos contaxios activos de onte: Piñor (6) Boborás (4) Maside (4) San Cristovo de Cea (3) O Irixo (2) Punxín (1) San Amaro (0)