Begoña Demanuel, José M. Iglesias e Lano Botana, na terna para substituír a Celso Fernández na alcaldía de Maside
A inminente saída do socialista Celso Fernández da alcaldía de Maside para facerse cargo da dirección provincial do Inem mantén a incognita sobre o seu sucesor.
Tras exercer como rexedor municipal e con maioría absoluta nos últimos 12 anos, tres mandatos consecutivos, Celso Fernández comunicou ao seu grupo de goberno que decidira aceptar a proposta do su partido para asumir o cargo de director provincial do Inem, polo que deberá renunciar tanto á alcaldía de Maside como á dirección do IES nº 1 do Carballiño, xa que son cargos incompatibles na administración pública.
Tras varios dias de debate no seo do grupo municipal socialista non se chegou a un acordo de consenso sobre a persoa que debe sustituír a Celso Fernández ao fronte da alcaldía masidá.
Nun primeiro momento cando trascendeu a noticia, o propio alcalde chegou a apuntarao concelleiro e tenente alcalde José Manuel Iglesias como o seu sustituto, non obstante unha parte do grupo municipal socialista considera que o "sustituto natural" sería o concelleiro de medio ambiente e medio rural, Wenceslao Botana.
Unha división interna que abre a posiblidade a unha terceira vía según apuntan dende o propio grupo socialista, neste caso a concelleira de servizos, persoal e obras, Begoña De Manuel, que completa esta terna de aspirantes a ocupar a alcaldía masidá unha vez que o actúal alcalde formalice a súa renuncia e se poña en marcha o proceso de elección de novo alcalde ou alcaldesa.