Belén González será a nº 2 de Eladio Fernández na candidatura de CXG no concello de Punxín

12, Abril 2023

O candidato á alcaldia de Punxín por Compromiso por Galicia para as eleccións municipais do 28 de maio, o avogado Eladio Fernández, presentou á que vai ser a número dous da súa candidatura, Belén González Caldas.

Ademáis, aproveitando este acto de presentación, o candidato avanzou cales van ser as súas prioridades se consigue a alcaldía de Punxín, como a mellora dos servizos sociais e a atención ás persoas maiores, ou a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, que permite o despegue urbanístico do municipio.

A mellora da cobertura de internet, o termalismo e o turismo, o medio ambiente e a cultura, ou a promoción da participacion cidadán, serán outros piares na accion de goberno no caso de contar co apoio electoral, dentro da lista de prioridades de CXG no concello de Punxín.